domingo, 15 de outubro de 2017

Potencial gravitatorio de dúas masas

Déixovos un programa en javascript (feito por mi) para que ensaiedes diferentes posibilidades entre dúas masas (a situada á dereita ten atribuída a masa relativa de 1).
Podes modificar a masa da esquerda e ver o aspecto das superficies equipotenciais. Lembra que a Lúa ten unha masa 81 veces inferior á Terra (0.0123456789).
Os potenciais de fora para dentro aumentan en progresión aritmética (1, 2, 3...)

domingo, 17 de setembro de 2017

O produto vectorial (ou produto cruzado)

En matemáticas e en física, o produto vectorial ou produto cruzado é unha operación binaria entre dous vectores nun espazo tridimensional. O resultado é un vector perpendicular aos vectores que se multiplican e, polo tanto, normal ao plano que os contén. Debido á súa capacidade para obter un vector perpendicular a outros dous vectores, cuxo sentido varía segundo o ángulo formado entre estes dous vectores, esta operación se aplica con frecuencia para resolver problemas matemáticos, físicos ou de enxeñaría.
Para usar a simulación, variade as compoñentes dos vectores A e B. Para visualizala mellor, modificade a orientación dos eixes cartesianos co rato.
Que ángulo forma o vector produto vectorial con A e B? 
Cal é o valor do seu módulo?
Podríamos calcular o seno do ángulo que forman A e B cos resultados da simulación?


Para ver a simulación, poñede no enderezo: http://enricripoll.blogspot.com.es/

domingo, 9 de outubro de 2016

A 3ª Lei de Kepler para órbitas elípticas

A terceira lei de Kepler para órbitas elípticas.

Normalmente, nas aulas de bacharelato deducimos a terceira lei de Kepler para órbitas circulares (isto é suficiente para o nivel esixido nestes cursos). No entanto, con un pouco de paciencia, tamén podemos abordar a dedución da 3ª lei de Kepler para as órbitas elípticas.

Para a demostración usaremos:
a) A 2ª lei de Kepler para unha órbita enteira
b) O teorema de conservación do momento angular (ou cinético) no afelio e no perihelio.
c) O teorema de conservación da enerxía mecánica cando hai ausencia de traballo externo e as forzas involucradas (internas) son conservativas (posibilidade de falar de enerxía potencial)
Vamos, entón:
O tempo que tarda un planeta en completar unha órbita chámase periodo. Segundo a 2ª lei de Kepler, en un periodo o raio-vector que une o Sol e un planeta terá varrido unha superficie S = π a b, e a relación entre a área varrida e o período será constante e:

Agora imos considerar dous puntos singulares, o afelio A' e o perihelio A onde o vector velocidade lineal formará 90º co raio-vector. Neses puntos a conservación do momento angular lévanos a:

 Para finalizar, aplicamos a conservación da enerxía, é dicir como non hai forzas externas que realicen traballo e as que actúan son conservativas:

  

c.q.d

quarta-feira, 18 de março de 2009

Disolucións tampón (2º Química, caduca a 25 de marzo)

As disolucións tampón xogan un gran papel nos sitemas biolóxicos. Indica que se entende por solución reguladora ou tampón e o papel que xoga nalgún sistema biolóxico.

sexta-feira, 6 de março de 2009

Galileo vs Newton (1º Bacharelato) (Caduca 21 de marzo)

Galileo falaba dun principio de inercia; Newton, posteriormente, incorporou o principio de inercia nos seus fundamentos da Dinámica. Falaban os dous do mesmo? É dicir, en ausencia de forzas, que era o que pasaba segundo estes grandes físicos?

Ondas (2º Bacharelato)(Caduca a 21 de marzo)

Imos comezar o tema do movemento ondulatorio. Un tipo de ondas que non requiren soporte material para a súa propagación son as ondas electromagnéticas. entre estas, encóntranse as de microondas. En telefonía móbil úsanse este tipo de ondas. Que diferenza hai entre as microondas dun forno e as usadas en telefonía móbil? Hai algún perigo no uso destas ondas?

sexta-feira, 27 de fevereiro de 2009

Equilibrio químico (2º Química). Caduca o 6 de marzo

Como poderías usar os teus coñecementos sobre o equilibrio químico para faceres un termómetro?

sexta-feira, 6 de fevereiro de 2009

Campo magnético (2º de física) (Caduca en 28 de febreiro de 2009)

Os campos gravitatorio e eléctrico son campos conservativos, xa que si calculamos a integral de circulación en un camiño pechado das súas intensidades o resultado é cero. O mesmo podemos dicir das forzas electrostáticas e gravitatorias, o traballo realizado nun camiño pechado é cero. Pero, que acontece co campo magnético? É conservativo? Por que? E a forza magnética, é conservativa?

quarta-feira, 21 de janeiro de 2009

Combustión e contaminación (2º Química)

A sociedade actual consome moita enerxía. Esta enerxía depende en grande medida das combustións. Facede un resumo (20 liñas) sobre a combustión e os problema que dela derivan: quentamento, contaminación...

terça-feira, 13 de janeiro de 2009

Sal para a neve (1º de Bacharelato)

Nestes dias nos que o aeroporto de Baraxas colapsou debido a nevada, quero que investiguedes porque o sal (cloruro sódico, fundamentalmente) derrete a neve. Tamén quero que me digades se este porcedemento é válido a calquera temperatura debaixo de cero e, en caso negativo, cal sería a mínima temperatura en que se pode usar este método. Espero as vosas respostas.

sexta-feira, 2 de janeiro de 2009

Repulsión electrónica (2o Química)

Un bo vídeo para comprender a distribución dos electróns na Teoria da Repulsión dos Pares de Electróns (TRPEV) ou a hibridación nalgúns orbitais atómicos.


Os números cuánticos

Aqui tedes unha interpretación desde o punto de vista do modelo mecanocuántico (ou ondulatorio) dos números cuánticos:

quarta-feira, 17 de dezembro de 2008

Problemas co modelo de Rutherford

Aqui tedes os problemas que tiña o modelo atómico de Rutherford.

terça-feira, 16 de dezembro de 2008

Mendeleiev e a Táboa Periódica (1º de Bacharelato, caducado), Exame o 15-01-2009


Como ordenou Mendeleiev a súa táboa periódica? Había ocos nela? Como foi a vida deste químico? Contestade estas preguntas en quince liñas. Bon Nadal.

Faraday e as liñas de forza (2º Física, caducado)

Faraday non sabía moitas matemáticas, no entanto foi un dos creadores de concepto de campo. Investigade o traballo de Faraday coas liñas de forza e facede un resumo de non máis de quince liñas. Espero as vosas respostas. Bon Nadal.