quarta-feira, 17 de dezembro de 2008

Problemas co modelo de Rutherford

Aqui tedes os problemas que tiña o modelo atómico de Rutherford.

terça-feira, 16 de dezembro de 2008

Mendeleiev e a Táboa Periódica (1º de Bacharelato, caducado), Exame o 15-01-2009


Como ordenou Mendeleiev a súa táboa periódica? Había ocos nela? Como foi a vida deste químico? Contestade estas preguntas en quince liñas. Bon Nadal.

Faraday e as liñas de forza (2º Física, caducado)

Faraday non sabía moitas matemáticas, no entanto foi un dos creadores de concepto de campo. Investigade o traballo de Faraday coas liñas de forza e facede un resumo de non máis de quince liñas. Espero as vosas respostas. Bon Nadal.

Enerxía libre de Gibbs (2º de Química, caducado)

Neste Nadal podedes adicar un pouco de tempo a investigar o que é a chamada enerxía libre de Gibbs, previamente tedes que ter claro o concepto de entropía. Suxírovos que consultedes fontes diferentes do libro de texto. As respostas non deben ter máis de quince liñas.
Espero as vosas respostas firmadas. Bon Nadal

Probas causais

Qué son? Cantas son? Que di cada unha delas?

Diferenzas entre ateísmo e agnosticismo

Cales son as diferenzas entre ateísmo e agnosticismo

Gnoseoloxía

Que é a gnoseoloxía?
O grande magnate das finanzas Madoff vai ir para o cárcere. Sabedes por que? Responde con cinco liñas dando o máximo de información posíbel.

segunda-feira, 15 de dezembro de 2008

Modelo deBohr

Un bon vídeo para comprender o modelo de bohr


domingo, 14 de dezembro de 2008

Cal sería a aceleración que unha forza infinita imprimiría a unha massa inconmensurable?