terça-feira, 28 de novembro de 2017

Liñas de forza dun campo eléctrico


Aquí vos deixo o aspecto das liñas de forza dun campo eléctrico xerado por dúas cargas iguais e de signo contrario. A experiencia foi feita cun xerador de Van der Graaf usando sementes de céspede e aceite de xirasol.

Caniza 2018

quarta-feira, 1 de novembro de 2017

O modelo atómico de Bohr supusera o inicio da mecánica cuántica. Os seus postulados son:  
Primeiro postulado
Os electróns móvense en certas órbitas permitidas ao redor do núcleo sen emitir radiación.
Segundo postulado
O átomo radia cando o electrón fai una transición (“salto”) desde un estado estacionario a outro, é dicir toda emisión ou absorción de radiación entre un sistema atómico esta xerada pola transición entre dous estados estacionarios. A radiación emitida (ou absorbida) durante a transición corresponde a un canto de enerxía (fotón) cuxa frecuencia f esta relacionada coas enerxías das órbitas estacionarias por la ecuación de Planck: E = h·f
Terceiro postulado: 
As órbitas estacionarias admisibles son aquelas nas que o momento angular orbital L do electrón está cuantizado, podendo este asumir soamente valores múltiplos enteiros de L = n h/2π, onde h é a constante de Planck e n é un número integral (n=1,2,3...), chamado numero cuántico principal.

A simulación
Na simulación podes observar a serie de Balmer do hidróxeno, podes excitar o electrón a un nivel superior co correspondente botón e esperar a que o electrón pase ao nivel n=2 para observar el correspondente fotón
Ver en xanela aparte

domingo, 15 de outubro de 2017

Potencial gravitatorio de dúas masas

Déixovos un programa en javascript (feito por mi) para que ensaiedes diferentes posibilidades entre dúas masas (a situada á dereita ten atribuída a masa relativa de 1).
Podes modificar a masa da esquerda e ver o aspecto das superficies equipotenciais. Lembra que a Lúa ten unha masa 81 veces inferior á Terra (0.0123456789).
Os potenciais de fora para dentro aumentan en progresión aritmética (1, 2, 3...)

domingo, 17 de setembro de 2017

O produto vectorial (ou produto cruzado)

En matemáticas e en física, o produto vectorial ou produto cruzado é unha operación binaria entre dous vectores nun espazo tridimensional. O resultado é un vector perpendicular aos vectores que se multiplican e, polo tanto, normal ao plano que os contén. Debido á súa capacidade para obter un vector perpendicular a outros dous vectores, cuxo sentido varía segundo o ángulo formado entre estes dous vectores, esta operación se aplica con frecuencia para resolver problemas matemáticos, físicos ou de enxeñaría.
Para usar a simulación, variade as compoñentes dos vectores A e B. Para visualizala mellor, modificade a orientación dos eixes cartesianos co rato.
Que ángulo forma o vector produto vectorial con A e B? 
Cal é o valor do seu módulo?
Podríamos calcular o seno do ángulo que forman A e B cos resultados da simulación?


Para ver a simulación, poñede no enderezo: http://enricripoll.blogspot.com.es/

domingo, 9 de outubro de 2016

A 3ª Lei de Kepler para órbitas elípticas

A terceira lei de Kepler para órbitas elípticas.

Normalmente, nas aulas de bacharelato deducimos a terceira lei de Kepler para órbitas circulares (isto é suficiente para o nivel esixido nestes cursos). No entanto, con un pouco de paciencia, tamén podemos abordar a dedución da 3ª lei de Kepler para as órbitas elípticas.

Para a demostración usaremos:
a) A 2ª lei de Kepler para unha órbita enteira
b) O teorema de conservación do momento angular (ou cinético) no afelio e no perihelio.
c) O teorema de conservación da enerxía mecánica cando hai ausencia de traballo externo e as forzas involucradas (internas) son conservativas (posibilidade de falar de enerxía potencial)
Vamos, entón:
O tempo que tarda un planeta en completar unha órbita chámase periodo. Segundo a 2ª lei de Kepler, en un periodo o raio-vector que une o Sol e un planeta terá varrido unha superficie S = π a b, e a relación entre a área varrida e o período será constante e:

Agora imos considerar dous puntos singulares, o afelio A' e o perihelio A onde o vector velocidade lineal formará 90º co raio-vector. Neses puntos a conservación do momento angular lévanos a:

 Para finalizar, aplicamos a conservación da enerxía, é dicir como non hai forzas externas que realicen traballo e as que actúan son conservativas:

  

c.q.d

quarta-feira, 18 de março de 2009

Disolucións tampón (2º Química, caduca a 25 de marzo)

As disolucións tampón xogan un gran papel nos sitemas biolóxicos. Indica que se entende por solución reguladora ou tampón e o papel que xoga nalgún sistema biolóxico.

sexta-feira, 6 de março de 2009

Galileo vs Newton (1º Bacharelato) (Caduca 21 de marzo)

Galileo falaba dun principio de inercia; Newton, posteriormente, incorporou o principio de inercia nos seus fundamentos da Dinámica. Falaban os dous do mesmo? É dicir, en ausencia de forzas, que era o que pasaba segundo estes grandes físicos?

Ondas (2º Bacharelato)(Caduca a 21 de marzo)

Imos comezar o tema do movemento ondulatorio. Un tipo de ondas que non requiren soporte material para a súa propagación son as ondas electromagnéticas. entre estas, encóntranse as de microondas. En telefonía móbil úsanse este tipo de ondas. Que diferenza hai entre as microondas dun forno e as usadas en telefonía móbil? Hai algún perigo no uso destas ondas?

sexta-feira, 27 de fevereiro de 2009

Equilibrio químico (2º Química). Caduca o 6 de marzo

Como poderías usar os teus coñecementos sobre o equilibrio químico para faceres un termómetro?

sexta-feira, 6 de fevereiro de 2009

Campo magnético (2º de física) (Caduca en 28 de febreiro de 2009)

Os campos gravitatorio e eléctrico son campos conservativos, xa que si calculamos a integral de circulación en un camiño pechado das súas intensidades o resultado é cero. O mesmo podemos dicir das forzas electrostáticas e gravitatorias, o traballo realizado nun camiño pechado é cero. Pero, que acontece co campo magnético? É conservativo? Por que? E a forza magnética, é conservativa?

quarta-feira, 21 de janeiro de 2009

Combustión e contaminación (2º Química)

A sociedade actual consome moita enerxía. Esta enerxía depende en grande medida das combustións. Facede un resumo (20 liñas) sobre a combustión e os problema que dela derivan: quentamento, contaminación...

terça-feira, 13 de janeiro de 2009

Sal para a neve (1º de Bacharelato)

Nestes dias nos que o aeroporto de Baraxas colapsou debido a nevada, quero que investiguedes porque o sal (cloruro sódico, fundamentalmente) derrete a neve. Tamén quero que me digades se este porcedemento é válido a calquera temperatura debaixo de cero e, en caso negativo, cal sería a mínima temperatura en que se pode usar este método. Espero as vosas respostas.

sexta-feira, 2 de janeiro de 2009

Repulsión electrónica (2o Química)

Un bo vídeo para comprender a distribución dos electróns na Teoria da Repulsión dos Pares de Electróns (TRPEV) ou a hibridación nalgúns orbitais atómicos.


Os números cuánticos

Aqui tedes unha interpretación desde o punto de vista do modelo mecanocuántico (ou ondulatorio) dos números cuánticos:

quarta-feira, 17 de dezembro de 2008

Problemas co modelo de Rutherford

Aqui tedes os problemas que tiña o modelo atómico de Rutherford.