quarta-feira, 18 de março de 2009

Disolucións tampón (2º Química, caduca a 25 de marzo)

As disolucións tampón xogan un gran papel nos sitemas biolóxicos. Indica que se entende por solución reguladora ou tampón e o papel que xoga nalgún sistema biolóxico.

sexta-feira, 6 de março de 2009

Galileo vs Newton (1º Bacharelato) (Caduca 21 de marzo)

Galileo falaba dun principio de inercia; Newton, posteriormente, incorporou o principio de inercia nos seus fundamentos da Dinámica. Falaban os dous do mesmo? É dicir, en ausencia de forzas, que era o que pasaba segundo estes grandes físicos?

Ondas (2º Bacharelato)(Caduca a 21 de marzo)

Imos comezar o tema do movemento ondulatorio. Un tipo de ondas que non requiren soporte material para a súa propagación son as ondas electromagnéticas. entre estas, encóntranse as de microondas. En telefonía móbil úsanse este tipo de ondas. Que diferenza hai entre as microondas dun forno e as usadas en telefonía móbil? Hai algún perigo no uso destas ondas?

sexta-feira, 27 de fevereiro de 2009

Equilibrio químico (2º Química). Caduca o 6 de marzo

Como poderías usar os teus coñecementos sobre o equilibrio químico para faceres un termómetro?

sexta-feira, 6 de fevereiro de 2009

Campo magnético (2º de física) (Caduca en 28 de febreiro de 2009)

Os campos gravitatorio e eléctrico son campos conservativos, xa que si calculamos a integral de circulación en un camiño pechado das súas intensidades o resultado é cero. O mesmo podemos dicir das forzas electrostáticas e gravitatorias, o traballo realizado nun camiño pechado é cero. Pero, que acontece co campo magnético? É conservativo? Por que? E a forza magnética, é conservativa?

quarta-feira, 21 de janeiro de 2009

Combustión e contaminación (2º Química)

A sociedade actual consome moita enerxía. Esta enerxía depende en grande medida das combustións. Facede un resumo (20 liñas) sobre a combustión e os problema que dela derivan: quentamento, contaminación...

terça-feira, 13 de janeiro de 2009

Sal para a neve (1º de Bacharelato)

Nestes dias nos que o aeroporto de Baraxas colapsou debido a nevada, quero que investiguedes porque o sal (cloruro sódico, fundamentalmente) derrete a neve. Tamén quero que me digades se este porcedemento é válido a calquera temperatura debaixo de cero e, en caso negativo, cal sería a mínima temperatura en que se pode usar este método. Espero as vosas respostas.

sexta-feira, 2 de janeiro de 2009

Repulsión electrónica (2o Química)

Un bo vídeo para comprender a distribución dos electróns na Teoria da Repulsión dos Pares de Electróns (TRPEV) ou a hibridación nalgúns orbitais atómicos.


Os números cuánticos

Aqui tedes unha interpretación desde o punto de vista do modelo mecanocuántico (ou ondulatorio) dos números cuánticos: